Hacking:Manual Installation (Galego)

From ParabolaWiki
Jump to: navigation, search

Lista de verificación (checklist) dunha instalación manual

Algúns de nós observamos que na maioria das veces utilizamos o instalador como unha lista de verificación (checklist), e que os menus non estan realmente economizando o noso tempo cando máis se precisa. Entón chega a conclusión de facer unha lista de verificación literal, que aforraria máis tempo do que viña fazendo seguindo a lóxica do principio KISS e a dos hackers ;)

Esta é a lista de verificación.

  • inicie o livecd como de costume, entre como root.
  • revise se a hora e a data son correctas, corexindoas se fose necessário.
  • configure a rede
  • particione o HD con fdisk, cfdisk, ou parted que estan incluidos no livecd.
  • formatee as particións. exemplo: para formatear unha partición en ext3, vostede ten que facer:
 mkfs.ext3 /dev/sdXY
onde sdXY é a partición. utilice mkswap para formatear o swap.
  • monte súa partición raiz (root) no /mnt, e monte as outras particións no seu lugar correto.
  • cree algúns directórios necesarios para o pacman:
 mkdir -p /mnt/var/lib/pacman
 mkdir -p /mnt/var/cache/pacman/pkg
  • instale o sistema base:
 pacman -r /mnt --cachedir /mnt/var/cache/pacman/pkg -Sy <packages>
onde <packages> é o paquete que vostede quere instalar no seu sistema. Debe incluir polo menos o paquete "base" para ter o seu sistema funcionando, a menos que vostede teña claro o que está facendo.
  • prepare un chroot e entre nel:
 mount -t proc none /mnt/proc
 mount --rbind /dev /mnt/dev
 mount --rbind /sys /mnt/sys
 cp /etc/resolv.conf /mnt/etc/resolv.conf
 chroot /mnt /bin/bash
  • edite os ficheiros de configuración:
    • /etc/fstab (engada as suas particións do HD. Neste caso temos que facer manualmente, pois non estamos usando a instalación aif que xera isto automaticamente)
    • /etc/rc.conf
    • /etc/hosts - engada o seu hostname para a entrada do localhost. isto é automático cando se utiliza o aif.
    • /etc/locale.gen - descomente os seus locais para activar.
      • execute locale-gen depois de gardar o ficheiro
    • /boot/grub/menu.list (estea seguro de que as particións sexan correctas, asi como os patchs; se vostede desexa, engada unha opción coa imaxe do fallback).
  • tamén é posible que desexe modificar:
    • /etc/mkinitcpio.conf (execute o comando mkinitcpio depois da modificación que vostede xa realizara nese ficheiro)
    • /etc/resolv.conf - caso non tivera utlizando o dhcp
    • /etc/hosts.deny e /etc/hosts.allow
    • /etc/pacman.d/mirrorlist
  • Configurar a chave do root:
 passwd
  • xerar o /etc/mtab (necesario para instalar o grub):
 cat /proc/mounts|grep -v rootfs > /etc/mtab
  • saia do chroot e instale o grub:
 # exit
 
 #grub-install --no-floppy --root-directory=/mnt /dev/sdX
onde /dev/sdx é o HD de inicio principal onde se inicializa o Parabola.
  • Depois de facer isto, temos que desmontar o /dev /sys e /proc antes de reiniciar o sistema
 # umount /mnt/dev/shm
 # umount /mnt/dev/pts
 # umount /mnt/dev
 # umount /mnt/sys
 # umount /mnt/proc
 # umount /mnt
  • Agora a partir daqui vostede xa esta listo para reiniciar o sistema e poder utilizar o Parabola.