Iceweasel anouncement (Galego)

From ParabolaWiki
Jump to: navigation, search

Recentemento, foi insertado no repositorio [libre] o navegador de Debian chamado Iceweasel (en realidade é o "iceweasel-libre"), para animar aos usuarios de Icecat a cambiar por el. Durante moito tempo o noso navegador foi o Icecat GNU. Ambos son baseados no navegador Mozilla Firefox, que non esta incluido no noso repositorio, porque recomenda addons non libres, e incentiva o uso de softwares non libres como o servicio (Google safebrowsing), e ten licenciamento de marcas non libres.

Desde o punto de vista ideolóxico, Icecat é o navegador que queremos usar. Como parte do sistema operacional GNU, este programa comparte as nosas metas da liberdade. Non obstante, Giuseppe Scrivano é o único desenvolvedor traballando no Icecat, e el está tendo problemas para mantelo só, e está procurando un comantedor. Infelizmente, isto significa xeralmente hai un gran período de tempo entre a nova versión do Firefox e a versión do Icecat. Cando foi lanzada a nova versión do Firefox, non había nin sequera a versión 8 do Icecat; entón debido ao tempo de atraso da versión, foi lanzada directamente unha versión baseada no Firefox 9, pero o programa levaba un problema en común. Cando unha versión nova era lanzada, cada versión era máis defectuosa que a anterior; fai tempo estábamos tratando un erro que era que a guía de restauración non funcionaba correctamente e até o día de hoxe non foi resolto, ademais diso na versión 9 apareceran novos bugs (erros) como bloqueos graves e conxelamentos no programa.

En canto, o Icewasel do Debian é menos dedicada a liberdade, e existe por causa de dúas finalidades; unha debido a cuestións de marca rexistradas da Mozilla con Firefox, e a outra é para atender por defecto de calidade Debian, por exemplo: o Firefox, e, por tanto, o Icecat non apoiara a arquitectura MIPS desde a versión 4. Isto é lamentable, porque iso significa que a versión port de Parabola para mips64el ten que ofrecer unha versión ainda máis antiga do Icecat.

Entre o momento en que o Firefox 9 e o Icecat estaban saíndo, e na falta dun recente navegador baseado en Mozilla, o noso proxecto irmán, ConnochaetOS escribíu un patch para que o Iceweasel cambiara para un navegador sen addons non libres ou servicios non libres, e empaquetamento como iceweasel-libre.

Por varias razóns o Iceweasel de ConnochaetOS era inadecuado para a inclusión no Parabola, entón Lucas Shumaker (lukeshu) comezou a modificar o PKGBUILD para Parabola. Logo despois que el comezou isto, o Icecat 9 saiu, e entón eles comezaron a traballar en conxunto. Por un tempo os dous estaban en [libre-testing].

Iceweasel probou ser estable, e agora forma parte do repositorio [libre]. Non obstante, o Icecat 9 experimentou moitos erros e bloqueos, e está ainda no [libre-testing] para ser revisado. Se vostede está interesado en correxir estes erros para que o Icecat sexa estable, co obxectivo de que fique no repositorio [libre], vostede debe entrar en contacto con Giuseppe na súa lista de discusión.