Migration from Arch (Galego)

From ParabolaWiki
Jump to: navigation, search
Este artigo ou sección está obsoleto.
Por favor, axude a mellorar a wiki, atualizando o artigo e corrixindo os erros.

Troque o seu Arch Linux para Parábola!

Instala a nosa lista réplica de repositorios libres en /etc/pacman.d/mirrorlist. Tanto para i686 e para x86_64:

i686

# pacman -U http://repo.parabolagnulinux.org/libre/os/i686/pacman-mirrorlist-libre-20110530-1-any.pkg.tar.gz

x86_64

# pacman -U http://repo.parabolagnulinux.org/libre/os/x86_64/pacman-mirrorlist-libre-20110530-1-any.pkg.tar.gz
Nota: Este enderezo pode cambiar se nós actualizamos a lista de espellos. Se non funciona, procure a actualización aquí e por favor edite esta páxina.

Engadir o repositorio [libre] para o seu pacman.conf antes de [core]:

# $EDITOR /etc/pacman.conf
File: /etc/pacman.conf
[libre]
Include = /etc/pacman.d/mirrorlist

[core]
...

Limpe a caché do pacman:

# pacman -Scc

Force a sincronización da base de datos e actualiza os paquetes:

# pacman -Syyu
Aviso: Se utiliza o grub2, vostede debe executar o seguinte comando
# grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg
xa que a versión existente será substituída pola nosa versión libre e no ficheiro "/boot/grub/grub.cfg" cambiaran as liñas "/boot/initramfs-linux.img" e "/boot/initramfs-linux.img" para "/boot/initramfs-linux-libre.img" e "/boot/initramfs-linux-libre.img" respectivamente. Con respecto ao grub, vostede debe crear un ficheiro novo de menu.lst e renomear o antigo polo nome de menu.lst.pacsave, recorde que isto debe ser feito despois da instalación do Parabola. Verifique tamén, se no ficheiro novo do menu.lst aparece o linux-initramfs-libre.img e linux-initramfs-libre.img escritos correctamente. Se houbese algún problema, non dubide en modificar esta información.
Nota:

Se vostede aínda non executou o comando anterior e desconectou o computador, o seu sistema non iniciara a próxima vez que conecte, polo que debera ter o CD de instalación de Parabola ou calquera outro sistema GNU/Linux libre, e entrar en modo chroot para solucionar o problema. Se vostede fixo a execución que aparece no aviso de arriba, non é necesario facer este procedemento.

Usando o CD de instalación do Parabola vostede pode facer un chroot da seguinte forma:

 # mount /dev/sda2 /mnt
(No exemplo o sistema está no sda2)

Caso non soubese onde está o sistema, debera facer o seguinte comando:

 # fdisk -l

Se ten unha partición separada para /boot, debera montar do seguinte xeito:

 # mount /dev/sda1 /mnt/boot 
(Neste caso o /boot está no sda1) Polo contrario, se vostede ten un /home noutra partición, non será necesario montar.

Para entrar no chroot faga o seguinte:

# mount -t proc none /mnt/proc
# mount -t sysfs none /mnt/sys
# mount --bind /dev /mnt/dev
# chroot /mnt

Agora vostede pode executar o comando...

 grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg 
...para solucionar o problema do Grub.
Nota:

É posible que no sistema vostede teña paquetes de versións máis recentes (que proveñen do sistema operativo anterior) que non son oferecidos polos repositorios libres de Parabola; para eliminar eses paquetes non libres, debera de facer downgrade no seu sistema e instalar os paquetes que proveñen dos repositorios libres do Parabola, para iso execute:

 # pacman -Suu

Despois de rematar comando é posible que modifique algúns ficheiros. Se pasase, exhibira un aviso no terminal. No caso do paquete grub2, aparecerá unha alerta sobre os cambios dos ficheiros /etc/default/grub e /boot/grub/grub.cfg, do seguinte xeito:

aviso: /boot/grub/grub.cfg instalado como /boot/grub/grub.cfg.pacnew
aviso: /etc/default/grub instalado como /etc/default/grub.pacnew

Iso xeralmente o fai para cambiar o nome de Archlinux a Parabola. Verifique as diferenzas entre os ficheiros (especialmente se vostede modificou este ficheiro no pasado), para engadir a configuración que vostede quixera é so substituír manualmente, renomeando cada ficheiro. Despois disto, execute novamente...

 # grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg 
...para atualizar a configuração.

Limpe o seu sistema de paquetes non-libres que non teñan substitución. Instale a sua liberdade!

# pacman -S your-freedom

Reinicie o seu sistema para completar a migración

¡Benvido a Parabola!

Se vostede encontrase calquera problema ao aplicar estas instrucións por favor infórmenos no noso Bug Tracker, ou se vostede cree conveniente edite este artigo do wiki!